Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12595

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías estatutarias de xestión e servizos.

Mediante Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 12 de setembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 181, do 23 de setembro) iniciouse e reguláronse as bases do procedemento de actualización periódica das listas de selección temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, elaboradas ao abeiro do Pacto do 26 de abril de 2011.

Nela indícase que no primeiro proceso de actualización de listas que se efectúe se incluirán, entre outras, as categorías de grupo auxiliar da función administrativa, celador/a e persoal de servizos xerais.

Por Resolución do 7 de xaneiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 10, do 16 de xaneiro) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas ditas categorías estatutarias.

Finalizado o prazo de reclamación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena da Resolución do 12 de setembro de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, nas categorías de grupo auxiliar da función administrativa, celador/a e persoal de servizos xerais.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade co anexo I, base novena da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 12 de setembro de 2013, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos de 27 de marzo de 2014.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos