Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de febreiro de 2014, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador número PO-S-4/2014, por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a continuación a incoación ditada pola Xefatura da Área Provincial de Pontevedra da Axencia Turismo de Galicia, do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-4/2014, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Concédese un prazo de quince días, de conformidade cos artigos 3.2 e 16.1 do Real decreto 1398/1993, para que o interesado poida presentar as alegacións, os documentos e a información que considere convenientes ou, se é o caso, propoña probas concretando os medios dos cales se pretenda valer. Expirado o prazo sen formular alegacións, este acordo considerarase proposta de resolución, de acordo co disposto no artigo 13.2 do citado real decreto.

Expediente: PO-S-4/2014.

Titular sancionado: Guay Hostelería, S.L.U., CIF B 27726652.

Establecemento: Café-Bar JJ.

Enderezo: lugar A Guía, Atios 42.

Concello: O Porriño.

Data da incoación: 20 de xaneiro de 2014.

Feitos imputados:

– Non contar coa documentación turística: libro de inspección e follas de reclamacións.

– Carecer do anuncio de disposición das follas de reclamación.

– Non expoñer os prezos no establecemento.

– Non comunicar a actividade.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 300 euros, de conformidade co establecido no artigo 114 a) da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2014

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra