Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 12 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0018/13.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 12 de marzo de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesados: Celestino Casal Lagos e María Cielo Blanco Garrido.

Expediente: ES-P-0018/13.

Último domicilio coñecido: Lugar Outeiro, 2, Outeiro, Vilaboa, Pontevedra.

Indicación do contido: notificáselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0018/13, na cal se propón unha sanción no seu grao mínimo de multa de 1.500,50 € pola comisión dunha infracción grave recollida no artigo 105.o) da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia.

Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar do-cumentos ou xustificantes que xulguen convenientes, no prazo de quince días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado nas dependencias administrativas de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.