Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 25 de marzo de 2014 Páx. 12661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2014 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo de obra pública hidráulica (expediente OH.315.1066).

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: negociado sen publicidade, cun único criterio de adxudicación (prezo).

2. Obxecto do contrato: obras.

Descrición: sistema de filtración terciaria na estación depuradora de augas residuais de Corme, Ponteceso (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1066.

CPV (referencia de nomenclatura): 45252200-0.

Medio e data de publicación de licitación: sen publicidade.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 185.642,02 euros. Importe total: 224.626,84 euros.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Data de adxudicación: 20 de xaneiro de 2014.

Importe de adxudicación. Importe neto: 185.559,37 euros. Importe total: 224.526,84 euros.

Data de formalización do contrato: 13 de febreiro de 2014.

Contratista: Espina Obras Hidráulicas, S.A.

3. Outras informacións:

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada ao licitador invitado e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do citado texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia