Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11089

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1124/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1124/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mihail Bondari contra a empresa Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., Concello da Coruña, Samyl, S.L., Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. (Ingresan Grupo OHL), Procedimientos de Aseo Urbano PAU, S.A. e Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por Mihail Bondari contra Servicur Limpiezas y Mantenimiento, S.L., Concello da Coruña, Instituto de Gestión Sanitaria, SAU, Samyl, S.L. e Procedimientos de Aseo Urbano PAU, S.A., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia:

1. Condénase Servicur Limpiezas y Mantenimiento, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 10.939,69 euros que se incrementará moratorios establecidos no artigo 29.3 ET.

2. Condénase solidariamente ao pagamento as empresas Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U. e Samyl, S.L. até a cantidade de 6.141,54 euros de principal.

3. Condénase solidariamente ao pagamento a empresa Procedementos de Aseo Urbano PAU, S.A. até a cantidade de 1.535,93 euros de principal.

4. Desestímanse as pretensións formuladas contra o Concello da Coruña.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, o que demostrará presentando o comprobante do ingreso no período comprendido até a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar un letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicur Limpiezas y Mantenimientos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 24 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial