Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11087

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO (144/2013).

Paula Paz Abelleira, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, polo presente anuncio que no procedemento de xuízo verbal de desafiuzamento seguido por instancia de Rosa María González López fronte a Francisco González Herrera e Francisca Grilo del Valle ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 109.

Mondoñedo, 19 de novembro de 2013

Vistos por Ana Mª Bande Ramundo, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, os presentes autos do xuízo verbal sobre desafiuzamento por falta de pagamento, seguidos ante este xulgado baixo o número 144, do ano 2013, por instancia de Rosa María González López, representada polo procurador Cabado Iglesias e asistida pola letrada Fernández Álvarez, contra Francisco González Herrera e Francisca Grilo del Valle, declarados en situación de rebeldía procesual.

Estimar a demanda interposta por Rosa María González López contra Francisco González Herrera e Francisca Grilo del Valle, e declaro a resolución do contrato de arrendamento sobre a vivenda sita no número 68, na Devesa, Ribadeo, celebrado entre a demandante e os demandados o día 20 de outubro de 2012, por falta de pagamento das rendas pactadas, debendo os demandados proceder ao desaloxo do predio antes do 19 de decembro de 2013, e en caso de que non se efectúe o devandito desaloxo voluntariamente, procederase, se é o caso, ao lanzamento dos demandados do referido inmoble, e condeno os demandados a aboar á demandante a cantidade de tres mil douscentos sesenta e cinco euros con setenta céntimos (3.265,70 euros), así como as rendas que se devindiquen ata o momento en que se produza o desaloxo polos demandados, cantidades que se incrementarán co xuro legal, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a súa interposición será necesario previamente constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado, condicionándose a súa admisión a esta consignación.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose os devanditos demandados, Francisco González Herrera e Francisca Grilo del Valle, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Mondoñedo, 2 de decembro de 2013

A secretaria xudicial