Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014 Páx. 11091

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (327/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 327/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Manuel Roldán Otero contra a empresa Maceiras y Esmorís, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Hormigones y Forjados Maceiras, S.L., UTE Pabellón Ribadeo sobre reclamación de cantidades se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di:

«Considérase por desistido na súa reclamación de cantidade a Luis Manuel Roldán Otero, respecto ás entidades Hormigones y Forjados Maceiras, S.L. e UTE Pabellón Ribadeo.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Luis Manuel Roldán Otero contra Maceiras y Esmorís, S.L., e a súa Administración concursal, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Maceiras y Esmorís, S.L., a que abone ao demandante as seguintes cantidades: 10.740,09 € brutos por salarios devindicados entre novembro de 2012 e xaneiro de 2013, con inclusión de pagas extras de xullo e Nadal de 2012, e 1.168,50 € brutos, por falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, ademais de 2.018,41 € por liquidación de relación laboral, e 252,19 € polos gastos devindicados en outubro, e decembro de 2012 e xaneiro de 2013.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Maceiras y Esmorís, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial