Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10589

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3597/2013 IP).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da sección nº 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3597/2013 desta sección, seguido por instancia de Alberto Aneiros Cabanas, Alberto Cupeiro Fernández, Luis Gabriel Pena Bárcenas, Manuel Ferreira Ferreira contra a empresa Polipropileno de Galicia, S.A. (Poligal); comité de empresa de Prolipropileno de Galicia, S.A; Sección Sindical de UGT de Poligal; Sección Sindical CIG de Poligal; Sección Sindical CC.OO. de Poligal; Sección Sindical da USTC de Poligal sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación de Alberto Aneiros Cabanas, Alberto Cupeiro Fernández, Luis Pena Bárcenas e Manuel Ferreira Ferreira contra a sentenza do 17 de abril de 2013, ditada nos autos 88/2013 do Xulgado do Social número 2 de Ferrol seguidos por instancia da recorrente contra UGT, Prolipropileno de Galicia, S.A.U; Poligal; Comité de Empresa de Poligal; Comité de Empresa de Prolipropileno de Galicia, S.A.U., USTC, CIG e CC.OO. debemos de confirmar

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á Sección Sindical da USTC de Poligal con último domicilio coñecido no polígono da Gándara, parcela 114-118, Narón, A Coruña.

A Coruña, 19 de febreiro de 2014

O secretario xudicial