Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10591

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (541/2009).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 541/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Modou Khary Gueye contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, P17 Telecomunicaciones, S.L., Mutua Asepeyo e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse resolución o 17.2.2014 dirixida entre outros a P17 Telecomunicaciones, S.L., contra a cal non cabe interpoñer recurso ningún. Os interesados poden ter coñecemento íntegro do acto no devandito xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a P17 Telecomunicaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de febreiro de 2014

O secretario xudicial