Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10588

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2014, da Presidencia do Parlamento de Galicia, pola que se nomea unha funcionaria do corpo de xestión do Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 24 de febreiro de 2014, acordou declarar aprobada no proceso selectivo para a cobertura dunha praza por promoción interna, do corpo de xestión, convocado por Resolución da Presidencia do Parlamento do 1 de agosto de 2013, a María Rosa Buceta López (BOPG nº 246, do 27 de febreiro de 2014).

Unha vez cumprido o requirido na base novena da convocatoria dese proceso selectivo, a Presidencia, conforme o establecido na base décima da convocatoria,

RESOLVE:

Nomear funcionaria do corpo de xestión da Administración do Parlamento de Galicia a María Rosa Buceta López.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2014

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia