Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10587

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2014, da Presidencia do Parlamento de Galicia, pola que se nomea un funcionario do corpo administrativo do Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 24 de febreiro de 2014, acordou declarar aprobado no proceso selectivo para a cobertura dunha praza por promoción interna, do corpo administrativo, convocado por Resolución da Presidencia do Parlamento do 1 de agosto de 2013, a Jorge Suárez Rodríguez (BOPG nº 246, do 27 de febreiro de 2014).

Unha vez cumprido o requirido na base novena da convocatoria dese proceso selectivo, a Presidencia, conforme o establecido na base décima da convocatoria,

RESOLVE:

Nomear funcionario do corpo administrativo da Administración do Parlamento de Galicia a Jorge Suárez Rodríguez.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2014

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia