Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10597

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (730/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 730/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Bardanca Suárez contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a sentenza nº 18, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«En Santiago de Compostela o 16 de xaneiro de 2014

José María Fernández Abella, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por María del Carmen Bardanca Suárez contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., que non comparece aos actos de conciliación e xuízo malia a súa citación en forma, pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Sentenza

(…)

Decido que, estimando a demanda promovida por María del Carmen Bardanca Suárez contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., debo declarar e declaro a extinción do contrato de traballo por instancia da demandante, condenando a empregadora a aboarlle unha indemnización equivalente a 45 días de salario por ano de servizo computado ata o 11 de febreiro de 2012, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a 1 ano e ata o límite de 42 mensualidades, e de 33 días de salario por ano de servizo computado desde o 11 de febreiro de 2012 ata a data de extinción da relación laboral, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a 1 ano e ata un límite de 24 mensualidades. A cantidade resultante ascende a 3.358,40 euros.

Así mesmo, debo condenar e condeno á empresa Limpiezas El Polígono, S.L. a aboar á Sra. Bardanca a cantidade de 1.298,55 euros, cantidade que deberá incrementarse cos xuros de demora.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, podendo substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, sen cuxo requisito non poderá terse por anunciado recurso e quedará firme a sentenza.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Limpezas El Polígono, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial