Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10599

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (966/2012).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 966/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar García Blanco contra a empresa Talleres La Rasa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

En Santiago de Compostela o 17 de xaneiro de 2014.

José María Fernández Abella, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Óscar García Blanco, asistido pola letrada Mª José Liste, contra a empresa Talleres La Rasa, S.L., que non comparece ao acto de xuízo malia a súa citación en forma, pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Sentenza.

(…)

Decido que, estimando a demanda promovida por Óscar García Blanco contra a empresa Talleres La Rasa, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado e extinguida a relación laboral que vinculaba a demandante coa demandada e condénoa ao pagamento das cantidades de 39.406,17 euros en concepto de indemnización por despedimento e 7.802,61 euros en concepto de salarios debidos máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, podendo substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, sen cuxo requisito non poderá terse por anunciado recurso e quedará firme a sentenza.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Talleres La Rasa, S.L., expido o presente.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial