Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10601

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (225/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 225/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Seoane Brea e Raquel Vázquez Frecha contra a empresa Mourenza Automoción, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse sentenza nº 231, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza.

En Santiago de Compostela o 30 de setembro de 2013

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 225/2012, promovidos ante este xulgado do social, sobre resolución contractual e reclamación de cantidade, por instancia de Adrián Ricardo Seoane Brea contra Mourenza Automoción, S.L., a administración concursal e o Fogasa, que non comparecen, pronunciou a seguinte sentenza.

(…)

Resolución.

Tense a parte demandante por desistida da acción de resolución contractual.

Estímase parcialmente a demanda e condénase a Mourenza Automoción, S.L. a aboar ao demandante 15.302,50 euros en concepto de salarios devindicados ata a extinción da relación laboral, que se deberá incrementar cos xuros moratorios previstos no artigo 59 da Lei concursal, condenando á administración concursal e ao Fogasa a estar e pasar por esta resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días dende a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Mourenza Automoción, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial