Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10596

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (aclaración 1267/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1267/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Piña Rivera contra a empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Desestímase a solicitude de Instituto de Gestión Sanitaria S.A.U.-INGESAN de aclarar a sentenza do 17 de decembro de 2012 ditada neste procedemento.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto ao que, se é o caso, se poida interpoñer fronte á resolución cuxa aclaración se solicitou. Así o acorda e asina Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido. Dou fe».

E para que sirva de notificación á empresa Galicia Saudade, S.L. en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial