Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10594

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (564/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza

Na Coruña o dezanove de febreiro de dous mil catorce.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 564/2013 seguidos por instancia da entidade Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada pola letrada Eva Rodríguez Vidal, contra a entidade Metalurgia del Atlántico, S.L., que non comparece, a administración concursal de Metalurgia del Atlántico, S.L., representada polo administrador concursal Ignacio José Cardona Cid, sobre reclamación de cantidade -reintegro prestacións-.

Decido que, estimando a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a entidade Metalurgia del Atlántico, S.L. e a súa administración concursal, debo condenar e condeno a entidade Metalurgia del Atlántico, S.L., e a súa administración concursal, a que reintegre á Mutua a cantidade de 51.183,42 euros en concepto de prestacións de incapacidade temporal derivadas dos procesos de incapacidade temporal por continxencias comúns, anticipados por esta aos traballadores Francisco Javier Mahía García, Juan Ignacio Alonso Monteagudo, Guillermo Alonso Permuy e Santiago García García, da citada entidade Metalurgia del Atlántico, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e nº expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Metalurgia del Atlántico, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 20 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial