Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10607

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (164/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Enrique Barreiro Antonio contra Grafinova, S.A.; Vedoira, S.L.; Editorial Danu, S.L. e Papeles y Tintas, S.L., rexistrado co nº DOI 164/2013 acordouse notificar a Vedoira, S.L. e Editorial Danu, S.L. en ignorado paradoiro, dilixencias de ordenación do 14.10.2013 e cuxo texto é o seguinte:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2013.

Presentou escrito a parte demandante no que desiste da demanda e ao se encontrar citado a xuízo o demandado, dáse traslado a este da desistencia por prazo de dez días para que amose ou non a súa conformidade, segundo o disposto no artigo 20.3 da LAC. Fáiselle saber que se non realiza alegacións no prazo establecido se entenderá conforme coa desistencia formulada de contrario.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 15 de outubro de 2013.

As comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E, para que sirva de notificación a Vedoira, S.L. e á Editorial Dami, S.L, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial