Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos número PO-353/13 NL.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución ditada no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º da LOSC e a disposición transitoria primeira do Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia (DOG do 1 de maio).

Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na planta 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43 de Pontevedra.

No suposto de non efectuárense alegacións, ditarase resolución cos efectos previstos no artigo 20 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2014

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: PO-353/13 NL.

CIF: B27781376.

Denunciada: Restauración Panjón, S.L.

Enderezo: r/ Vista Alegre, 32-4º B, 36201 Vigo.

Establecemento: Restaurante Club Náutico Panxón Nigrán, praza Mogines, 14, Panxón, Nigrán.

Precepto infrinxido: artigo 23.e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro.

Sanción proposta: 600 €.