Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 11 de marzo de 2014 polo que se notifica o trámite de vista do expediente disciplinario 1/2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal, emprázase a Manuel Villaverde González para que compareza o día 14 de marzo de 2014 (venres) para o trámite de vista do expediente disciplinario 1/2013, na sede no órgano instrutor, situado no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.

De acordo co establecido no artigo 47.1.f) do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia dáselle vista do expediente para que no prazo de 10 días alegue o que vexa pertinente para a súa defensa e achegue cantos documentos considere de interese. Cando así o solicite o inculpado, facilitaráselle unha copia completa do expediente.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2014

Ana Gómez Pérez
Instrutora do procedemento