Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de febreiro de 2014 pola que se acorda declarar deserto o procedemento de alleamento dun inmoble en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa), en primeira, segunda e terceira poxa.

Mediante Orde do 8 de novembro de 2011, da Consellería de Facenda, foi autorizado o alleamento mediante poxa dun inmoble situado no concello de Vilagarcía de Arousa.

Logo de publicarse o 9 de xaneiro de 2014 no Diario Oficial de Galicia número 5, e nun xornal de ampla difusión (Faro de Vigo do mesmo día) o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento do citado inmoble, tivo lugar o 12 de febreiro de 2014 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación do seguinte ben inmoble:

Predio urbano, destinado a vivenda, sinalado coa letra A, sito na planta primeira do bloque I (nº 12), con entrada no portal A, de 85,20 m2 de superficie construída, dividida en vestíbulo, distribuidor, cociña, estar-comedor, tres dormitorios, dous baños (hoxe un só baño) e terraza. Tomando como referencia a fachada principal do edificio, linda: á fronte, saínte do soar do edificio e caixa de escaleiras; dereita, caixa de escaleiras e vivenda B do portal A; esquerda, saínte do soar do edificio, e fondo, saínte do soar do edificio e relanzo. A vivenda anexa unha praza de aparcadoiro descuberta nº 23, situada no terreo da edificación. Referencia catastral: 7451053NH1175S0005AL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa co número 33.342, folio 171, libro 398, tomo 1.005.

Tipo de licitación primeira poxa: 81.164,53 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 68.989,85 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 56.815,17 euros.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2014

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda