Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 2014 Páx. 10605

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (823/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 823/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Míguez Cebey contra a empresa Forjas de Santiago, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza número 57, co encabezamento e resolución do teor literal:

Sentenza

En Santiago de Compostela o 18 de febreiro de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Antonio Míguez Cebey, asistido pola letrada Sra. Verde Crespo, fronte á mercantil Forjas de Santiago, S.L., a administración concursal (Salustiano Velo Sabín) e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron a pesar de constar debidamente citados, dítase a presente sentenza de acordo cos seguintes

(…)

Resolvo que estimo integramente a demanda interposta por Antonio Míguez Cebey fronte á mercantil Forjas de Santiago, S.L., a administración concursal (Salustiano Velo Sabín) e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil Forjas de Santiago, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.029,22 euros en concepto de salario de xuño de 2011, paga extraordinaria de xullo de 2011, parte proporcional paga extraordinaria de decembro, salario de 13 días de xuño e parte proporcional de vacacións, cantidade que debe ser incrementada co 10 % de xuros de mora respecto dos conceptos salariais, e condeno a Salustiano Velo Sabín unicamente na súa condición de administración concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Forjas de Santiago, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial