Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10439

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (773/2013).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento de divorcio 773/2013 se ditou a seguinte sentenza do teor literal seguinte:

«En Vigo a vinte e sete de novembro de dous mil trece.

Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta cidade viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 773/2013, sobre disolución de matrimonio por divorcio, actuando como demandante Blanca Eugenia Rodríguez López, representada pola procuradora Sra. Acosta Valladares, baixo a dirección letrada do Sr. Nieto Ramilo (profesionais designados da quenda de oficio), contra Juan Manuel Iglesias Vázquez, declarado en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Estimando como estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora Sra. Acosta Valladares, en nome e representación de Blanca Eugenia Rodríguez López, fronte a Juan Manuel Iglesias Vázquez, estimo esta parcialmente e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, celebrado en Vigo o día 17 de setembro de 1977, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración, sen facer especial pronunciamento en canto ás custas deste xuízo.

Acordo as seguintes medidas definitivas:

Primeira. Atribúese á esposa o uso do domicilio e enxoval familiares.

Segunda. O Sr. Iglesias deberá aboar, en concepto de pensión de alimentos para o seu fillo Juan Manuel, a suma de 150 euros mensuais, que deberá ingresar, con carácter anticipado e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta que para o efecto indique a esposa, cantidade que se actualizará anualmente, cada mes de decembro, conforme as variacións que experimente o IPC.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao rexistro civil correspondente, onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá ante este xulgado, no prazo de vinte días, a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, expido e asino o presente edicto.

Vigo, 19 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial