Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10441

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (159/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 159/2011 por instancia de Iván Ferreiro Castiñeira contra a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e o seu administrador concursal, Acciona Infraestructuras, S.L. (desistido) e contra o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 6.2.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Iván Ferreiro Castiñeira fronte a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., o seu administrador concursal, e a empresa Procadis, S.L. e, en consecuencia:

– Absólvese a empresa Procadis, S.L. das pretensións fronte a ela exercidas.

– Condénase a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de catro mil trescentos trinta e cinco euros con noventa e dous céntimos de euro (4.335,92 euros), vinculando tales cantidades ao administrador concursal da devandita entidade.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Procadis, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de febreiro de 2014

O secretario xudicial