Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10438

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (733/2012).

M. del Carmen Sobrado Prado, secretaria xudicial da Sección Sexta da Audiencia de Pontevedra (sede en Vigo), por medio do presente fago constar:

Que nesta Sección Sexta se tramita recurso de apelación 733/2012 dimanante do procedemento de filiación número 339/05 do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, sendo apelante Alfredo Fernández Regal e apelados Iria Muñoz Argibay e Fernando Muñoz Molina, sobre determinación e impugnación de filiación, no cal con data 3 de xaneiro de 2014 se ditou sentenza que desestima o recurso de apelación, cuxo texto íntegro se encontra na oficina xudicial desta sección, sita en Vigo, r/ Lalín, 4, á disposición das partes.

Contra a dita sentenza poderase interpor recurso de casación por interese casacional e recurso extraordinario por infracción procesual (artigos 468, 477 e 479 LAC) por medio de escrito presentado ante esta sección nos vinte días seguintes á notificación de sentenza.

E para que conste e a súa publicación no DOG para que sirva de notificación a Fernando Muñoz Molina, cuxo domicilio se descoñece, expido e asino o presente.

Vigo, 8 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial