Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Martes, 11 de marzo de 2014 Páx. 10437

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1182/2011).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1182/2011 (RCUD 284/2013), seguido por instancia de José Antonio Moscoso Acuña, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Electricidade Xonxa, S.L.U., Elpe Electromecánica, S.L., Mutua Fremap, Asepeyo, Mutua de A.T. y E.P. de la Seguridad Social número 151, Copasa, Sacyr, S.A. Cavosa, UTE, Mutua Intercomarcal, Mutua Accid. Trabajo y Enferm. Profes. de la S.S. nº 39 ditouse o 10.2.2014 resolución na cal se acorda:

«O anterior escrito subscrito polo letrado/a Francisco Javier Fernández Tarrío, en nome e representación de José Antonio Moscoso Acuña, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións. Emprácese a empresa Elpe Electromecánica, S.L. a través do Diario Oficial de Galicia. A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións. Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 da Coruña que a resolución desta sala foi obxecto de recurso en casación para unificación de doutrina. Líbrese oficio ao Tribunal Constitucional co fin de que expida e remita testemuño da sentenza de contraste invocada, con expresión de nota de firmeza, recaída o 8 de maio de 1997 no recurso 1093/1995. Verificado remítanse as actuacións á Sala do Social do Tribunal Supremo. Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún».

E para que sirva de notificación e emprazamento en forma á empresa Elpe Electromecánica, S.L., expido o presente.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial