Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10291

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (354/2013).

Número de autos: procedemento ordinario 354/2013 L.

Demandante: Javier Francisco Pombo Ulloa.

Demandados: Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

«Sentenza.

A Coruña, doce de febreiro de dous mil catorce.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 354/2013, seguidos por instancia de Javier Francisco Pombo Ulloa, asistido polo letrado Juan Naya Iglesias, contra a entidade Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade –salarios–.

Ditamino:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Javier Francisco Pombo Ulloa contra Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.987,28 € brutos polos salarios devindicados entre decembro de 2012 e febreiro de 2013, e 450 € líquidos polos salarios de outubro de 2012, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 117,84 € como indemnización por fin de contrato temporal.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a realizar audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Habitalia Viviendas Modulares de Hormigón, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 17 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial