Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10288

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (344/2013).

Número de autos: seguridade social 344/2013 L.

Demandante: José Segundo López Queiro.

Avogado: Francisco Varela Míguez.

Demandados: Majorangle Limited, Mariscador, S.L., Instituto Social da Mariña, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza.

A Coruña, once de decembro de dous mil once.

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 344/2013 seguidos por instancia de José Segundo López Queiro, representado polo letrado Francisco Varela Míguez, contra o Instituto Social da Mariña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados polo letrado Ángel González Quintas, a entidade Majorangle Limited, que non comparece, e a entidade Mariscador S.L., representada polo letrado Félix Méndez Toural, sobre prestación de xubilación.

Ditame:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Segundo López Queiro contra o Instituto Social da Mariña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mariscador, S.L. e Majorangle Limited, e en consecuencia:

1º. Debo declarar e declaro que a base reguladora da prestación de xubilación recoñecida a José Segundo López Queiro ha de fixarse na contía de 1.680,39 € mensuais.

2º. Debo condenar e condeno as entidades Mariscador, S.L. e Majorangle Limited que constitúan ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social o capital custo da diferenza da pensión de xubilación recoñecida e a que lle correspondería percibir (a razón de 63,95 € mensuais), nunha proporción do 0,95 % e 3,80 %, respectivamente.

3º. E debo condenar e condeno o Instituto Social da Mariña a estar e pasar por tal declaración e ao aboamento da pensión de xubilación con efectos desde o seu recoñecemento na contía do 100 % da base reguladora fixada, coas actualizacións, revalorizacións e melloras regulamentarias que fosen de aplicación, e sen prexuízo das accións que puidese exercer en relación ás codemandadas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a realizar audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Majorangle Limited, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 17 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial