Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10286

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (952/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 952/2013 por instancia de David Szabo Antal contra a empresa Buzoneos Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou Sentenza con data do 13.2.2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolución:

Acéptase a demanda formulada por David Szabo Antal fronte a Buzoneos Galicia, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Buzoneos Galicia, S.L. ao demandante.

– Condénase a empresa Buzoneos Galicia, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 380,05 euros; o aboamento da dita indemnización determina a extinción do contrato de traballo; en caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata esta importan 11.332,40 euros, aos cales deberán engadirse os que se perciban ata a súa notificación a razón de 27,64 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Buzoneos Galicia, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial