Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (243/2013 L).

Número de autos: procedemento ordinario 243/2013 L.

Demandante: Juan Novo Fojo.

Procuradora: Alejandra López Núñez.

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, José Antonio Paz Gómez, Transportes Josmaral, S.L.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

«Sentenza.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2014

Vistos por Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 243/2013 L seguidos por instancia de Juan Novo Fojo, asistido pola letrada Eva Olmo Hermida, contra a entidade Transportes Josmaral, S.L., José Antonio Paz Gómez e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade –salarios–.

Ditamino:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Juan Novo Fojo contra a entidade Transportes Josmaral, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Transportes Josmaral, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 2.184,02 € brutos, ou 1.826,94 € líquidos, polos salarios devindicados entre setembro e novembro de 2012, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 1.810,40 €, como indemnización por despedimento obxectivo.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que foi interposta por Juan Novo Fojo contra José Antonio Paz Gómez e, en consecuencia, debo absolvelo do pedido na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a realizar audiencia pública no día da súa data. Dou fe».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Transportes Josmaral, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 17 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial