Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 2014 Páx. 10295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1146/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1146 /2012
deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Méndez Varela contra a empresa José Manuel Añón Vázquez, Fondo de Garantía Salarial, herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, posibles herdeiros do empresario José Manuel Añón Vázquez, Pedro Pablo Añón Outeiro, Ana Añón Outeiro, María Josefa Outeiro Martínez, herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de febreiro de 2014.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1146/2012, nos cales é demandante José Luis Méndez Varela, asistido pola graduada social Sra. Ferreiro Río, e demandados a empresa José Manuel Añón Vázquez, herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, Pedro Pablo Añón Outeiro e Ana Añón Outeiro, asistidos pola letrada Sra. Velo Louzán, María Josefa Outeiro Martínez, asistida pola letrada Sra. Arias Castro, e os herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez. É citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Prosper Montalvo.

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de José Luis Méndez Varela contra a empresa José Manuel Añón Vázquez, contra a herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, contra Pedro Pablo Añón Outeiro e contra Ana Añón Outeiro, contra María Josefa Outeiro Martínez e contra os herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez, e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno a Ana Añón Outeiro á extinción da relación laboral, con aboamento a José Luis Méndez Varela da cantidade de 43.027,2 euros, en concepto de indemnización, así como da suma de 7.300,84 euros, en concepto de salarios e demais conceptos retributivos debidos, cantidade, esta, que deberá incrementarse cos xuros de mora do 10 %.

Da mesma maneira debo absolver e absolvo a herdanza xacente do empresario José Manuel Añón Vázquez, a Pedro Pablo Añón Outeiro, a María Josefa Outeiro Martínez e aos herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez de cantas pretensións se exerceron na súa contra en méritos do presente procedemento.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino. Ana Rodríguez Piorno, asinado.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe. Marta Yanguas del Valle, asinado».

E para que conste e sirva de notificación a herdeiros descoñecidos do empresario José Manuel Añón Vázquez, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial