Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9915

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3960/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3960/2013 PM.

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 82/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Santiago Fernández Pol.

Avogado: Eduardo José Salido Blanco.

Recorridos: Fogasa, Cristalería Picota, S.L., Carolina Ocampo Ocampo, Ricardo Agulla Amoedo.

Avogados: Diego Leis Puga e María Teresa Vázquez Rodríguez.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3960/2013 desta sección, seguido por instancia de Santiago Fernández Pol contra a empresa Fogasa, Cristalería Picota, S.L., Carolina Ocampo Ocampo, Ricardo Agulla Amoedo, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Santiago Fernández Pol contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo nos presentes autos sobre despedimento tramitados por instancia do recorrente fronte aos demandados Carolina Ocampo Ocampo, Ricardo Agulla Amoedo e a empresa Cristalería Picota, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número
1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cristalería Picota, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial