Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9913

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3915/2011).

Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3915/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1146/2010. Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: José Carlos González Méndez.

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro.

Graduado social: Manuel Vigo Giraldo.

Recorridos: Bernardo Alfageme, S.A., Administración Concursal Bernardo Alfageme, S.A.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3915/2011 desta sección, seguido por instancia de José Carlos González Méndez contra a empresa Bernardo Alfageme, S.A., Administración Concursal Bernardo Alfageme, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Ditaminamos: que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante José Carlos González Méndez contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, nos presentes autos tramitados por instancia do recorrente fronte á empresa Bernardo Alfageme, S.A., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bernardo Alfageme, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial