Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9911

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4270/2009).

Secretaría: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4270/2009 SGP.

Materia: outros dereitos seguridade social.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 de Vigo. Demanda 996/2008.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Galiplac, S.L.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4270/2009 SGP a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 996/2008 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra Galiplac, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, con data 18 de decembro de 2013 ditou sentenza a Sala do Social do Tribunal Supremo en que desestiba o recurso de casación para unificación de doutrina interposto polo INSS contra a sentenza ditada no anterior recurso de suplicación, resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Desestimamos o recurso de casación para unificación de doutrina interposto pola representación do Instituto Nacional da Seguridade Social fronte á sentenza ditada o 31 de outubro de 2012 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en recurso de suplicación 4270/2009, iniciado no Xulgado do Social número 4 de Vigo, autos número 996/2008, por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o agora recorrente, a TXSS e a empresa Galiplac, S.L. Sen custas».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Galiplac, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Arenal, s/n, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial