Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9909

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5384/2012).

Secretaría: Mª Isabel Freire Corzo.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5384/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 765/2009 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Manuel Castiñeiras Castro.

Avogada: Laura Otero Rodríguez.

Procurador: Juan Antonio Garrido Pardo.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Talleres Vigo, S.L.

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5384/2012 RF desta sala do social, seguido por instancia de Manuel Castiñeiras Castro contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fogasa, Talleres Vigo, S.L., sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

Ditaminamos que debemos declarar e declaramos non admisible a trámite, por razón da contía litixiosa, o recurso de suplicación interposto pola letrada Laura Otero Rodríguez, en nome e representación de Manuel Castiñeiros Castro, contra a sentenza ditada en data catorce de xuño de dous mil doce polo Xulgado do Social número 2 dos de Santiago de Compostela no presente proceso seguido en virtude de demanda presentada polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Talleres Vigo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre diferenzas da pensión de xubilación, declaramos igualmente a nulidade de todas as actuacións do dito xulgado do Social desde a admisión a trámite do recurso de suplicación e declaramos firme a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Unha vez firme expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número
1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Talleres Vigo, S.L., con último domicilio coñecido en Camilo José Cela, 27, 15197 Padrón, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial