Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 7 de marzo de 2014 Páx. 9917

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3609/2013).

Secretaria: M. Asunción Barrio Calle.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3609/2013.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 20/2013. Xulgado do Social número 5 de Vigo.

Recorrente: Concello de Vigo (Pontevedra).

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera.

Recorridos: Fogasa, Voga Eventos, S.L., Outsourcing Galicia de Comunicación, S.L., Emma Díaz López.

Avogados: Matías Movilla García.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3609/2013 desta sección, seguido por instancia do Concello de Vigo (Pontevedra) contra a empresa Voga Eventos, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Ditaminamos que con desestimación do recurso interposto polo Concello de Vigo, confirmamos a sentenza que con data 26.5.2013 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo por instancia de Emma Díaz López e pola que se acolleu en parte a demanda formulada.

Así mesmo, condenamos á parte recorrente a que polo concepto de honorarios satisfaga 500 € ao letrado da parte contra a que se recorre. E igualmente acordamos, se é o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número
1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Voga Eventos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial