Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9679

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1118/2013).

Sentenza nº 74/2014.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2014.

Visto por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo verbal nº 1118/2013 promovido pola procuradora Sra. Delgado Fontáns, en nome e representación de María Lourdes Rodrigues de Souza, asistida do letrado Sr. Álvarez Teijeiro, fronte a Romildo Santos de Oliveira, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de fillos menores de idade na relación análoga á conxugal das partes.

Decido que, estimando parcialmente a demanda de xuízo verbal interposta pola procuradora Sra. Delgado Fontáns, en nome e representación de María Lourdes Rodrigues de Sousa, asistida do letrado Sr. Álvarez Teijeiro, fronte a Romildo Santos de Oliveira, declarado en rebeldía procesual, con intervención da representante do Ministerio Fiscal dada a concorrencia de fillos menores de idade na relación análoga á conxugal das partes, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1º. Atribución á demandante da garda e custodia sobre os fillos habidos en común, sendo a patria potestade sobre estes compartida por ambos os proxenitores, ben que exercida de xeito ordinario en exclusiva pola demandante.

2º. Fixar en 100 euros/mes por cada fillo a contía da pensión de alimentos que deberá aboar o demandado. A pensión de alimentos aboarase dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que designe a parte; a devandita cantidade actualizarase o 1 de xaneiro de cada ano conforme as variacións que experimente o IPC no ano precedente.

A pensión de alimentos devindicarase desde a data de interposición da demanda, debendo deducirse as cantidades xa satisfeitas polo demandado desde tal data por semellante concepto.

3º. O demandado deberá aboar, así mesmo, o 50 % dos gastos extraordinarios dos fillos menores de idade nos termos do apartado 3º do fundamento de dereito segundo desta resolución.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e seguintes e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 euros previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe.