Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9677

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3917/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3917/2013 MRA.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 124/2013 Xulgado do Social número 3 de Ourense.

Recorrente: Colegio Concepción Arenal, S.C.G., Silvia Faria Garabatos.

Avogados: Antonio Valencia Fidalgo, José Antonio Pérez Fernández.

Recorridos: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Martínez Randulfe, S.L., Ministerio Fiscal, Rubén de Martín Díaz, Rosa María Pérez Cid, Samuel Saco Figueiras, Colegio Martínez Randulfe, S.L.

Avogados: letrado Comunidad (Servizo Provincial), (…), (…), Antonio Valencia Fidalgo, Antonio Valencia Fidalgo, Antonio Valencia Fidalgo, (…).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3917/2013 desta sección, seguido por instancia do Colegio Concepción Arenal, S.C.G., Silvia Faria Garabatos contra a empresa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Martínez Randulfe, S.L., Ministerio Fiscal, Rubén de Martín Díaz, Rosa María Pérez Cid, Samuel Saco Figueiras, Colegio Martínez Randulfe, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Ditaminamos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante e a empresa demandada contra a sentenza de data 22.4.2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en autos 124/2013, confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberase indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Martínez Randulfe, S.L. e Colegio Martínez Randulfe, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial