Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9675

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (410/2012-CON).

Mª Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 410/2012-CON desta sala, seguido por instancia de Eloy Álvarez Cid contra a empresa Castor Dorrego Branco e outros sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Eloy Álvarez Cid contra a sentenza, con data do 27 de setembro de 2011, do Xulgado do Social número 3 de Ourense, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap e Castos Dorrego Branco, a sala confírmaa integramente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguido do código «35 Social de Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos desta ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Castor Dorrego Branco coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial