Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9681

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (334/2013).

Citación.

Pola presente e en virtude do acordado nesta data pola secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, nos autos rexistrados co número PO 705/2013 de orde, seguidos por instancia de Isabel Suárez Gantes contra Restages Galicia 2007, S.L., en reclamación de procedemento ordinario, cítase e requírese á representación legal de empresa que ten o seu domicilio descoñecido, para que o día 4 de xuño de 1014 ás 10.00 horas compareza na sala deste xulgado, sito na rúa Monforte, nº 1 (Edificio Novos Xulgados) á celebración do correspondente xuízo, baixo o apercibimiento de poder ser tido por confeso (artigo 91 da L.P.L.) e que a infracción a este deber de comparecencia sancionarase, logo de audiencia de cinco días, con multa de 180 a 600 euros, como ordena o artigo 304 en relación co 292 da Lei axuizamento civil.

Faise saber que o interrogatorio deberá responderse polo seu representante en xuízo a condición de que interviñese nos feitos controvertidos. En caso contrario, tal circunstancia deberá alegarse con suficiente antelación ao acto de xuízo, identificando a persoa que interveu en nome da entidade, para a súa citación ao xuízo. Se tal persoa non formase parte xa da entidade, poderá solicitar que lla cite en calidade de testemuña. Apercibíndose de que, en caso de non cumprir o anteriormente sinalado ou non identificar a persoa interveniente nos feitos, iso poderá considerarse como resposta evasiva e terse por certos os feitos a que se refiran as preguntas.

En todo caso, deberá acreditar documentalmente o seu carácter de representante legal da empresa.

E para que sirva de citación a Restages Galicia 2007, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

A Coruña, 11 febreiro de 2014

Mª Jesús Hernando Areas
Secretaria judicial