Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9692

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (751/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 751/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Márquez Orosa contra a empresa Yordi Representaciones, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Reforzo.

Sentenza: 90/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: DSP 751/2013, resolución e reclamación de cantidade; e acumulado DSP 22/2014, despedimento.

Demandante: José Márquez Orosa.

Letrado: Sr. Pousa Meréns.

Demandados:

– Yordi Representaciones, S.L.

Sentenza: 90/2014.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014.

Ditame: estimo as accións sobre resolución de contrato e despedimento, formuladas por José Márquez Orosa fronte a Yordi Representaciones, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data desta sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, e condeno a demandada a aboarlle a cantidade total de 24.796,19 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a nulidade do despedimento da parte demandante producido o 30 de xuño de 2013.

3º. Condeno a empresa demandada a satisfacerlle á parte demandante a cantidade de 11.870,72 euros en concepto de salarios devindicados e non percibidos.

4º. O Fogasa deberá pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Yordi Representaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial