Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización da contratación do servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), curso 2013/14.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

c) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19711

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: contrato de servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), curso 2013/14.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 213, do 7 de novembro de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen impostos: 360.337,00 €.

Impostos: 36.033,70 €.

Importe total: 396.370,70 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

• Lotes (1.1, 1.2, 1.7, 1.8, 1.10, 2.1, 2.2, 2.4, 2.5, 2.6, 3.1, 3.2, 3.6, 3.7, 3.8, ) o 23 de xaneiro de 2014.

b) Contratistas: Autocares Her-Vei, S.L., Autos Morán, S.L., Autos Dosil, S.L.-Autos Ramón Outeiral, S.L.-Autos González Rdguez., S.L. UTE 18/1982, do 26 de maio; Empresa Gavilanes, S.L., Muralla Bus, S.L., UTE Xogade 2014, Autos Rivas, S.L.-Empresa Gilsanz, S.A.-Ramos Seoane, S.L.-Gabeiras, S.L.L. UTE.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos vinte e catro mil oitocentos cincuenta euros e corenta e oito céntimos (224.850,48 €) sen impostos.

e) Data de formalización: 12 de febreiro de 2014.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2014

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte