De conformidade co disposto na letra b) do artigo 53.1 da Lei 26/2006, do 17 de xullo, de mediación de seguros e reaseguros privados e no artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2009, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se regula o Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros, Corredores de Reaseguros e dos seus Altos Cargos na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral resolveu, na data que figura no anexo, cancelar a inscrición como axencia de seguros vinculada e, por conseguinte, excluír do Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros, Corredores de Reaseguros e dos seus Altos Cargos na Comunidade Autónoma de Galicia á sociedade Herculesgal, S.L.
A cancelación da inscrición acordouna esta dirección xeral polo incumprimento dos requisitos establecidos para que a sociedade poida figurar inscrita no rexistro administrativo ao non acreditar o exixido no artigo 21 da Lei 26/2006 para manter a inscrición, e faise pública de conformidade co establecido no artigo 53.2 da Lei 26/2006 e no artigo 12.2 da Orde do 17 de marzo de 2009.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2014
Manuel Galdo Pérez
Director xeral de Política Financeira e Tesouro
ANEXO
Clave do rexistro: AJ0009XG.
CIF: B32369308.
Denominación social: Herculesgal, S.L.
Localidade: Ourense.
Data da resolución: 23.1.2014.