Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 6 de marzo de 2014 Páx. 9690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (825/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 825/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Rivera Vázquez contra a empresa Artesa Cocinas y Equipamientos, S.L., Area Cocinas, S.L., Muebles Aries A Grela, S.L., Fogasa, sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 91/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: DSP 825/2013, resolución e reclamación de cantidade; e acumulado DSP 1243/2013, despedimento.

Demandante: Francisco Rivera Vázquez.

Letrada: Sra. Ramos Sánchez.

Demandadas:

– Artesa Cocinas y Equipamientos, S.L.

– Areas Cocinas, S.L.

– Muebles Aries A Grela, S.L.

Fogasa.

Sentenza: 91/2014.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014.

Ditame.

Estimo as accións sobre resolución de contrato e despedimento, formuladas por Francisco Rivera Vázquez fronte a Artesa Cocinas y Equipamientos, S.L., Area Cocinas, S.L. e Muebles Aries A Grela, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e as empresas demandadas, por causas imputables a estas, e condeno as demandadas a aboarlle a cantidade de 8.725,73 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a nulidade do despedimento da parte demandante producido o 19 de agosto de 2013.

3º. Condeno as empresas demandadas a satisfacer, solidariamente, á parte demandante a cantidade de 17.118,01 euros en concepto de salarios devindicados e non percibidos, así como o 10 % de xuro da dita suma.

4º. O Fogasa deberá pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño desta neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lles sirva de notificación a Artesa Cocinas y Equipamientos, S.L.; Area Cocinas, S.L.; Muebles Aries A Grela, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 10 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial