Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9471

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (735/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 735/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago García Couselo contra a empresa Excavaciones Migasa, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxa sentenza expresa:

«1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de Santiago García, asistido pola letrada Sra. Sabell Iglesias, contra a entidade Excavaciones Migasa, S.A., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento por causas obxectivas e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral a data de sentenza, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa).

2º. A indemnización segundo o disposto no número anterior sería de 58.381,54 euros.

3º. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Migasa, S.L. expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial