Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 5 de marzo de 2014 Páx. 9473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Meis (expediente IN407A 2014/23-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CS Pousada, A Armenteira.

Situación: Meis.

Características técnicas: LMT subterrénea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 268 metros de lonxitude, con orixe e final no apoio existente CH-1600/15 da LMT LOZ803B Sanxenxo 3 (á altura do CT A Armenteira) unha vez entre e saia do CS proxectado Pousada, A Armenteira. Centro de seccionamento, con celas compactas con corte en SF6, situado en Vilar, A Armenteira e Meis.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra