Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8557

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (367/2013).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte:

Sentenza nº 586.

Vigo, 29 de outubro de 2013.

Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta cidade, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 367/2013, sobre disolución de matrimonio por divorcio, actuando como demandante Teresa Riveiro Lorenzo, representada polo procurador Sr. Castells López, baixo a dirección letrada da Sra. Rodríguez Bermúdez, contra Isidoro Pérez Sieiro, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta polo procurador Sr. Castells López, en nome e representación de Teresa Riveiro Lorenzo contra Isidoro Pérez Sieiro, estimo esta parcialmente e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes celebrado en Vigo o día 8 de setembro de 2006, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración, sen facer especial pronunciamento en canto ás custas deste xuízo.

Acordo as seguintes medidas definitivas:

Primeiro. Atribúese á nai a garda e custodia da filla común, sendo compartida a titularidade da patria potestade.

Segundo. Pai e filla poderán relacionarse libremente, conforme os acordos alcanzados por ambos os dous.

Terceiro. O Sr. Pérez deberá aboar, en concepto de pensión de alimentos para a filla, a suma de 300 euros mensuais, que deberá ingresar, con carácter anticipado e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta que para o efecto indique a esposa, cantidade que se actualizará anualmente, con efectos en un de novembro, conforme as variacións que experimente o IPC.

Ambos os proxenitores aboarán por metade os gastos extraordinarios da menor, entendéndose por tales, entre outros, os médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social e que excedan os que vén percibindo con carácter ordinario, conforme o feito constar na fundamentación da presente resolución. Non teñen carácter extraordinario os gastos de colexio, libros ou material escolar, pero se as clases particulares de apoio que precise a menor, así como as extraescolares, sempre, respecto a estas últimas, que se realicen con acordo previo e expreso de ambos os proxenitores.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil correspondente, onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interpoñerá ante este xulgado, no prazo de vinte días, a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a Isidoro Pérez Sieiro, en ignorado paradoiro expido e asino o presente.

Vigo, 7 de febreiro de 2014

A secretaria