Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8555

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1933/2011).

Secretaria: Sra. Freire Corzo-RMR.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1933/2011.

Xulgado de orixe/autos: demanda 614/2010 Xulgado do Social número 1 de Ferrol.

Recorrente: Cipriano Orjales Tenreiro.

Avogado: Manuel Casal Fraga.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Profejuma, S.L., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa.

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial), (…), Carlos Enrique Ojea Carballeira.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

«Ditamino: que no procedemento de recurso de suplicación 1933/2011 desta sección, seguido por instancia de Cipriano Orjales Tenreiro contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Profejuma, S.L., Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Cipriano Orjales Tenreiro contra a Sentenza do 16 de decembro de 2010 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Profejuma Sociedad Limitada, a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social Muprespa, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que produzan os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Profejuma, S.L., con último domicilio coñecido no lugar Caldraga, Mourence, 6, 27820 Vilalba, advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial