Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8553

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3734/2013).

Secretaria: Sra. Freire Corzo.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3734/2013 IP.

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 209/2013 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: empresa Cristina Rollán Salgado.

Avogado: Daniel Codoñer Lucas.

Recorridos: Fogasa, Francisco Rubiñan Álvarez.

Avogados: (…), Birino Marcos Baamonde.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3734/2013 desta sección, seguido por instancia da empresa Cristina Rollán Salgado contra a empresa Fogasa e Francisco Rubiñan Álvarez sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Ditaminamos:

Desestimamos o recurso de suplicación formulado pola demandada Cristina Rollán Salgado contra a sentenza de data 20 de xuño de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo no procedemento 209/2013, seguido por instancia de Francisco Rubiñan Álvarez, sobre despedimento, e confirmamos integramente e en todos os pronunciamentos a expresada resolución.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal. Condénase a parte recorrente ao aboamento de 600 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial