Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Xoves, 27 de febreiro de 2014 Páx. 8559

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (234/2013).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia).

Certifico que neste xulgado se tramitan os autos arriba referenciados nos cales se ditou a seguinte:

Sentenza nº 23.

En Vigo o vinte e oito de xaneiro de dous mil catorce.

Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos de Vigo (Xulgado de Familia), os presentes autos de xuízo de divorcio, seguidos co número 234/2013, por instancia de Cristofer Castroaguidin Martínez, representado polo/a procurador/a Sr/a. Soñora Álvarez, baixo a dirección do/da letrado/a Sr/a. Estévez Rosende, fronte a Franciele do Socorro Magalhaes da Costa, en situación de rebeldía, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Estimando como estimo a demanda presentada polo/a procurador/a Soñora Álvarez, en nome e representación de Cristofer Castroaguin Martínez, fronte a Franciele do Socorro Magalhaes da Costa, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por ambos os litigantes contraído en Vigo o día 15 de xullo de 2011, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai expresa imposición de custas.

Firme que sexa o pronunciamento referido ao divorcio, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde conste a inscrición do matrimonio dos litigantes, co fin de que se proceda á anotación marxinal deste na folla de inscrición do matrimonio.

Esta sentenza é susceptible de recurso de apelación que se deberá interpoñer no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así por esta sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación a Franciele do Socorro Magalhaes da Costa, en ignorado paradoiro expido e asino o presente edicto.

Vigo, 7 de febreiro de 2014

A secretaria