Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7444

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (265/2013).

Procedemento: divorcio contencioso 265/2013.

De Montserrat González Montes.

Procuradora: María del Carmen Fernández Ramos.

Letrado: Guillermo Aller Abeledo.

Contra Madani Boubekeur Hamci.

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxo ditame é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta pola representación de Montserrat González Montes contra Madani Boubekeur Hamici, debo declarar e declaro disolto por razón de divorcio o matrimonio ata a data existente entre os expresados cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento.

Non procede facer pronunciamento en materia de custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días, desde o seguinte á súa notificación, e que se resolverá ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Firme que sexa esta resolución, procédase á súa inscrición mediante os oportunos despachos no rexistro civil correspondente.

Así, por esta a miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos da súa razón, acórdoo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Madani Boubekeur Hamici, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 20 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial